Actuación Grupo de Danza Pais de San Roque – Cangas

Publicado el 25 de julio de 2019

O sábado 20 de xullo tivemos unha actuación incrible. Tivemos o honor de contar co Grupo de Danza Pais de San Roque. As 11:00h comezaron a chegar os máis puntuais. Unha pequena que conquistounos a todas e todos, Eva. Tivo a coraxe e valentía de ser a primeira en pasear pola residencia vestida co traxe tradicional, adiantando o que ía ser unha actuación cargada de emoción. As persoas residentes so tiñan palabras de eloxio para ela, sendo o centro de tódalas miradas. Foron chegando os poucos, deixando unha sensación de inquietude e abraio nalgúns residentes, seica non todos lembraban que íamos ter unha visita tan especial. Cando quixemos darnos conta, tiñamos unha chea de nenas, nenos, xovenes, e non tan xovenes vestidos co atuendo tradicional no exterior das instalacións, armados con gaitas, pandeiretas, bombo e tambor a espera de comezar, xa adiantamos, unha actuación espectacular. As 12:30h comezou a actuación coas cativas, entre elas Eva, que ademais do traxe vestía un sorriso enorme; sentíase na casa. Fixérono marabilla! Moitas persoas residentes choraron, porque aquela estampa fíxolles retroceder no tempo, lembrando a súa infancia. O persoal tamén emocionouse... choramos todas e todos, foi un momento máxico. Continuo o baile, o cante e a música!! Dende os máis novos ata os maiores, amosando que o maior aprendizaxe está na experiencia, na paixón e amor polo noso, pola cultura; pola nosa cultura galega. Houbo moitos momentos de emoción, incluso encontros inesperados que fixo do día unha data especial... As persoas residentes, os seus familiares, o noso persoal... Quedamos abraiadas e abraiados con tanto despregue e boa organización que non queríamos que rematase. Grazas polo bo traballo, polo bo facer, polo altruísmo e sobre todo... pola vosa gratitude. Porque sentir os vosos sorrisos e voso agradecemento  encheunos o corazón. Superástedes calquera expectativa. Grazas especialmente de parte de Alba, do Departamento de Animación Sociocultural. Síntese moi agradecida de que aceptarades a invitación. Un bico e aperta moi grande. Ata pronto!, amigas e amigos.

Más noticias