¡¡ DIA DAS LETRAS GALEGAS!!

Publicado el 18 de mayo de 2021

Boas tardes. Este post queremos publicalo para facer mención ao día das letras galegas, en especial a Xela Arias a persoa a que éste ano se lle adica este día tan importante para Galiza. É por isto que dende Domusvi Pereiro quixemos aportar o noso graíño de area facendo unha manualidade na que os e as participantes tiveron que pintar un mural con verbas que son propias da nosa terriña, e escoller un fragmento dun poema de Xela., que di o seguinte: Sei que no lonxe das parábolas das frases cortadas e os puntos aparte son só medos escorrentados polo teu corpo soberano dunha idea poderosa que tal vez suceda e eu non saiba quen es ti cando te agardo A continuación ensinámoslle as fotos da manualidade Espero que pasaran un día maravilloso Un saúdo

Más noticias