Visita á ONG «Movilidad Humana»

Publicado el 16 de marzo de 2022

Hoxe fixemos unha primeira toma de contacto coa ONG Movilidad Humana; esta organización ten como misión ser o apoio integral para as persoas en mobilidade humana e as súas familias para facilitar a súa integración na sociedade de acollida con accións de mediación, participación cidadá e incidencia política a través da creación e participación activa en espazos de debate e do traballo en rede con outras entidades, ademáis de brindar asesoría xurídica, formación e inserción laboral, especialmente ás mulleres traballadoras do fogar e coidados e as súas familias, no marco pleno da garantía dos dereitos humanos e as propias responsabilidades adquiridas no país receptor. Recibiunos Soledad, educadora social, que nos explicou o traballo diario con infinidade de mulleres para a promoción da súa inserción laboral, social e cultural. Foi un pracer!

20220316_111043-scaled.jpg

Más noticias