Equipo en loita contra a pandemia!

Publicado el 27 de marzo de 2020

Estamos moi que moi orgullosas de formar parte do Equipazo de DomusVi Ferrol, porque en tempos de batallar cantamos todas ao unísono e traballamos con forza e con todas as precaucións para que ese bicho non nos colla desprovistas. Evidentemente, como todas/os sabedes, o material como mascarillas, batas, calzas,etc está esgotadísimo e é imposible de conseguir. Pero como nos imos rendir? movemos ceo e terra para conseguir deseñar e crear material indispensable para esta crisis; Esther Pena, a nosa compañeira creou coa colaboración do seu home, e dunha impresora 3D, unhas pantallas protectoras, ao igual que Laura Sixto, que tamén conseguiu varias. Montse e Sonia Domínguez en colaboración coa súa nai Carmen, estiveron cosendo centos de mascarillas con teas de algodón que tiñan na casa; outras moitas compañeiras buscaron contactos de diferentes persoas que están creando mascarillas para pedirlles que nos axuden,etc E niso estamos, pedindo colaboración de toda persoa que sepa coller unha agulla e teña algún retal de algodón na casa; amigas/os, familias, traballadoras de DomusVi, é tempo de coser, de facer mascarillas e de loitar contra esto. Esto superámolo entre todas/os! Deixámosvos un tutoial da mapachescuela.es onde podedes aprender a facer paso a paso unaha mascarilla. https://www.youtube.com/watch?time_continue=6&v=XXQy8FRJzCY&feature=emb_logo

Más noticias