EmocionARTE, educación emocional a través da arte

Publicado el 4 de junio de 2022

Unha boa forma de educar no manexo das emocións é recurrir á arte como terapia,pois é un elemento fundamental para desenvolver habilidades de afrontamento,comunicarse de forma positiva,valorar e construir relacións sociais,adaptarse ao ambiente,manexar o comportamento, diminuir o estrés e afrontar momentos difíciles(Covarrubias,20062006; Sánchez,2011) Estimulando a parte dereita do cerebro(sintética,imaxinativa, intuitiva, emocional..)brinda a posibilidade de expresar conflitos internos, sentimentos, temores, dúbidas, angustias, preocupacións e inquietudes que temos no inconsciente. O noso programa EmocionARTE, promove o traballo das emocións a través de distintas disciplinas artísticas coidadosamente seleccionadas polas/polos participantes. Partimos sempre dos centros de interese,moitas veces de disciplinas xa coñecidas por eles/as, e outras veces novas actividades que nunca fixeran e que lles xeran curiosidade.

Más noticias