DomusVi Ferrol en busca das herbas de San Xoán
Publicado el 22 de junio de 2019
Hoxe fumos a facer a busqueda máis bonita do ano; adentrámonos no monte de Covas na busca das herbas de San Xoán para facer a auga e lavar a cara o 24 de xuño. A auga feita coas herbas recollidas na noite de San Xoan ten propiedades máxicas debido á forza exercida polo solsticio de verán; a nosa tradición manda lavar a cara pola mañán para espantar ás meigas. Irás ao abrente do día a auga fresca catar da auga do paxariño que saúde che ha de dar. Corre, meniña, vaite lavar alá na fonte te has de lavar, e a fresca auga desta amañecida cor da cereixa che ten que dar. Se arraiar, se arraiará tódalas meigas levará, se arraiou, xa arraiou, tódalas meigas levou. Peladas era peladas serán tódalas meigas que andan polo chan. Peladas son, peladas eran tódalas meigas que andan pola terra. AS 7 HERBAS Fiuncho: executa os espíritos malignos e é particularmente contra o mal de ollo. Fento macho: é venenoso. As lendas galegas e tamén británicas din que pola noite de San Xoán botan flor. Xesta: é un arbusto sacro en Galicia. Usábase para facer escobas e varrer a casa de malos espíritos. Abeloura ou herba de san Xoán: O refraneiro di que a abeloura ou herba de san Xoán limpa a cara de grans. É unha planta especial contra o demo. Malva: O refrán di: «Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar». Romeu: Non abunda en Galicia. Crese que é a herba que protexe e purifica os fogares por excelencia. Herba luísa: É unha herba especial para os amoríos. Asóciase coa festa.
)
)
)
)
)
)
)
)
)