DÍA DO PILAR

Publicado el 13 de octubre de 2025

Estamos de patrón! O día 12 de Outubro celebramos o Día do Pilar e pasámolo xenial. Pola mañá fomos ata a igrexa para ver a procesión, na que participaba o noso párroco Alejandro. Que ilusión nos fixo velo aí! Ademais, tivemos un día estupendo, deses que dan ganas de saír da casa, e todos disfrutamos moito do ambiente festivo. Á hora de xantar puxémonos as botas: callos, carne asada, queixo con membrillo e un viño para acompañar. Todo estaba boísimo. Pola tarde tivemos música en directo. Viñeron 'Los Nostálgicos de Valdoviño', que encheron o salón de boas cancións e moitas lembranzas. Foi unha actuación desas que deixan un sorriso na cara. Foi un día completo: Procesión, boa comida, música e sobre todo, moi boa compañía. Así da gusto celebrar o patrón! Grazas a todos os que vos achegáchedes a pasar este día tan especial con nós.

Más noticias