Noticias y Actualidad en Residencia Carballo

Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades

  • Un entroido moi doce

    24/2/2026

    Esta semana tivemos unha mañá moi especial, dedicada ao taller de rosquillas con motivo do Entroido. Os nosos residentes puxéronse mans á obra e, ademais de preparar estes deliciosos doces típicos, aproveitamos para compartir historias sobre como cada un facía as súas receitas nas súas casas. Foi unha mañá chea de entretemento, ingredientes… e moita risas! O mellor de todo? Poder degustar o resultado final, que foron probadas polos mellores e máis esixentes xuices: os nosos propios residentes. Actividades como esta non só nos permiten gozar do sabor do Entroido, senón tamén fortalecer lazos, revivir lembranzas e crear momentos inesquecibles xuntos.

    Más información
  • Primeiro día dos Mandatos do Meco": Un día cheo de risas

    13/2/2026

    Hoxe comezou unha divertida tradición na residencia: 'Os Mandatos do Meco'. Esta actividade animou aos nosos residentes e ao noso equipo a seguir un divertido mandato, que consistía en traer algo na cabeza. Dende sombreiros orixinais ata outros obxectos máis extravagantes... todos participaron con moito humor e moita ilusión. Xa temos ganas de ver que nos traerá o seguinte mandato!

    Más información
  • Unha experiencia creativa: Taller de xabóns!

    13/2/2026

    A xornada de onte foi un éxito de creatividade e diversión. Os nosos residentes participaron nun taller de xabóns no que tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios xabóns artesanais, experimentando coas texturas, cores e fragancias. Esta actividade non só lles permitiu expresar a súa creatividade, senón que tamén foi unha excelente forma de mellorar a súa motricidade fina e de disfrutar dun momento de socialización e risas entre compañeiros. Ademais, para quen queira levarse a casa unha peza única, os xabóns elaborados polos residentes estarán á venda na entrada do centro.

    Más información
  • O Entroido comeza a sentirse na residencia!

    6/2/2026

    O noso equipo de manualidades xa comezou a preparar a decoración do Entroido. Pouco a pouco, as cores, as máscaras e os diferentes adornos festivos van enchendo as instalacións, creando un ambiente alegre e cheo de vida. Con cada detalle colocado, imos atraendo o espírito festeiro do Entroido, unha época para sorrir, compartir e gozar xuntos da creatividade e da ilusión. A festa xa se sente en cada recuncho da residencia.

    Más información
  • Un símbolo de esperanza, cor e alegría compartida

    6/2/2026

    Durante esta actividade, os nosos residentes déronlle forma a unha nube da que cae un fermoso arcoíris cheo de cor. Co obxectivo de decorar o noso espazo de traballo, quixemos transmitir unha mensaxe positiva e moi importante: aínda que existan días nubrados, sempre hai motivos para sorrir e encher de cor os nosos camiños.

    Más información
  • Cumpreanos Decembro

    20/1/2026

    O mes de decembro rematou cargado de celebracións e momentos especiais! Como cada mes, quixemos adicar un tempo moi especial a celebrar os cumpreanos dos nosos residentes, porque cada ano cumprido merece ser festexado e compartido. Para esta ocasión, invitamos ás familias a acompañarnos, preparamos unha merenda especial con tarta e compartimos sonrisas e bos desexos para cada un deles.

    Más información
  • MENÚS AGOSTO

    7/1/2026

    Todos los menús de DomusVi son confeccionados por un equipo de nutricionistas con el objetivo de proporcionar a nuestros residentes una alimentación saludable y adaptada a los gustos locales con productos de proximidad. Ya puede consultar el menú diario que ofreceremos a los residentes

    Más información
  • Caminata solidaria por la semana europea de desarrollo sostenible

    2/1/2026

    Este miércoles, con motivo de la semana europea de desarrollo sostenible, salimos a dar un paseo por los alrededores de la residencia. ¡Siempre viene bien tomar un poco el aire!

    Más información
  • Cumpleaños agosto y septiembre

    2/1/2026

    Ayer jueves celebramos los cumpleaños del mes de agosto y septiembre con familiares y amigos. Comimos tarta, tomamos un café, y sobretodo charlamos. ¡Esperamos con ansias el de octubre!

    Más información