Noticias y Actualidad en Residencia Carballo
Queremos compartir con vosotros nuestras novedades y actividades
Leer másPresentación do libro “Azlheimer de Lirbo” na nosa residencia
6/3/2026
O pasado xoves pola tarde tivemos o pracer de acoller a presentación do libro “Azlheimer de Lirbo”, un encontro aberto tanto aos nosos residentes como ás súas familias. O autor, José Manuel Pérez Pena, contounos a historia que hai detrás da súa obra, compartindo tamén a súa experiencia persoal con esta enfermidade. Foi unha oportunidade única para achegarnos ao día a día de quen convive co Alzheimer e coñecer de primeira man experiencias que nos axudan a comprender mellor esta realidade. Esta iniciativa forma parte do noso compromiso como centro de sensibilizar e concienciar ás familias sobre a enfermidade, ofrecendo ferramentas e perspectivas para convivir con ela de maneira máis próxima e comprensiva. Agradecemos a José Manuel Pérez Pena e a Afaber a súa participación e a todos os asistentes por acompañarnos nesta tarde tan enriquecedora.
Leer más20 anos de DomusVi Carballo
6/3/2026
O pasado venres vivimos unha xornada moi especial ao celebrar os 20 anos do noso centro. Queremos dar as grazas a todos os asistentes, familiares, residentes e ao noso equipo, por facer deste día un momento memorable e cheo de emoción. Ao mediodía, contamos coa presenza de varias autoridades da contorna, que quixeron acompañarnos neste día tan significativo, compartindo con nós este aniversario. Xa pola tarde, tivemos o pracer de disfrutar da actuación de Carlos Manteiga, quen nos fixo bailar e gozar da música, enchendo o ambiente de alegría e entusiasmo. Foron horas de recordos, risas e complicidade, que nos lembraron a importancia de cada persoa que forma parte desta gran familia. Celebrar dúas décadas de dedicación e coidado foi posible grazas á colaboración e cariño de todos, e estamos moi agradecidos por compartilo con nós. ¡Por outros 20 anos máis xuntos!
Leer másMayores Conectados
6/3/2026
En DomusVi Carballo estreamos unha nova iniciativa dirixida ás nosas persoas usuarias, ''Mayores Conectados''. Trátase dunha formación semanal para aprender a manexar mellor o teléfono móbil e sacarlle máis proveito no día a día. Esta iniciativa está proporcionada desde a Fundación Orange, co obxectivo de impulsar a inclusión dixital das persoas maiores. Nas sesións traballaremos de maneira práctica cuestións como o uso de aplicacións, a comunicación coa familia, a realización de xestións e a seguridade básica no móbil. Porque estar conectados tamén é gañar autonomía e confianza.
Leer másAxenda de ocio mes de Marzo
6/3/2026
A piques de comezar marzo, en DomusVi Carballo xa temos preparada a nosa axenda de actividades extraordinarias que vos deixamos por aqui.