Exposición de maquetas

Publicado el 29 de diciembre de 2025

Manuel Bello é un veciño de Montemaior, concello de A Laracha, que emigrou a Londres con 23 anos. Alí desenvolvería a profesión da súa vida: chófer de autobuses e de tráiler. A raíz desta profesión naceu a súa afición polas maquetas, realizando copias en miniatura dos autobuses, coas que recaudaría ata 15mil euros para causas benéficas. O pasado venres tivemos a sorte de que nos trouxera a súa exposición, na cal atopábamos arados, xugos, e outros instrumentos dedicados ao traballo no campo. O que máis nos chamou a atención foi o autobús marrón, feito nada máis e nada menos que con 25mil cerillas. Encantounos a súa visita, seguro que non será a última!

Más noticias