Chimenea
Publicado el 11 de diciembre de 2025
O xoves ocorréusenos poñer unha chimenea no salón, con este tempo tan frío apetece sentirse ben resgardadiños... As nosas residentes máis expertas en costura fixeron unhas botas para que os reis nos deixen caramelos, e os demais preparamos unha corona ben chula de acibro. Na foto da árbore podedes ver outras decoracións de nadal feitas polo grupo de manualidades. Están a traballar moitísimo!









