Actividades Semana Cultural das Letras Galegas
Publicado el 20 de mayo de 2022
Boas tardes familia! Esta semana estamos a disfrutar das actividades programadas con motivo do Día das Letras Galegas. O luns e o mércores realizamos uns murais representativos desta data: por unha banda fixemos un repaso pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, quen nos sorprendeu polo polifacético que foi. Florencio, natural de Valdeorras, foi avogado, poeta, participou activamente na creación do partido galeguista durante a II República, fundou a revista Vieiro e o Ateneo de Galicia xunto con outros galegos ilustres da época. Por outra banda, fixemos unha escolma de refráns que os propios residentes escolleron, analizamos e recordamos como cada un ten un significado para cada época do ano, letras que nos ensinan saberes da cultura popular galega. Deixámosvos unhas imaxes de como quedou, canto aprendemos dos nosos maiores!
)
)
)
)
)
)
)
)
)