EXCURSIÓN MUSEO PONTEVEDRA

Publicado el 7 de julio de 2022

Onte tivemos un día moi especial para algunhas persoas residentes! Realizamos unha actividade conxunta con outra das nosas residencias, DomusVi Ribadumia e con axuda dunhas rapazas de Zaragoza que eran voluntarias. Un día moi diferente e moi agradable grazas a elas, grazas de todo corazón! O punto de partida foi a residencia de DomusVi Pontevedra, fomos ata o museo andando e alí realizamos a visita guiada en dous grupos. Ao rematar fomos a tomar algo a unha cafetería próxima para charlar un rato e respirar un pouco despois de toda a tarde facendo cousas, xa que facía bastante calor. Para rematar sacamos unha foto todxs xuntxs para o recordo. Seguiremos facendo actividades diferentes e nas que poidan participar persoas residentes diferentes, para que así todas poidan disfrutar o máximo. Por aquí vos deixo algunhas fotos da tarde! Un saudo, Fran.

Más noticias