O pasado mércores tivemos a visita dos nenos e nenas do Colexio Landro e realizaron xunto cos nosos residentes este bonito mural da primavera. Mañá teremos a visita doutro grupo tamén do Landro. A idea era rematar o mural pero traballaron tanto na última visita que me da a min que temos que facer outro novo!
Qué bonito é ver aos maiores e pequenos traballando xuntos!
2 comentarios en “Visita do Colexio Landro”
Ana
(29/03/2023 -4:52 pm)Me encanta, que mural más alegre!
Equipo DomusVi Viveiro
(30/03/2023 -10:40 am)Gracias! Vaya artistas que tenemos!