Ver todos los artículos
13 Sep 2019 | Actividades Lúdicas , Agenda de ocio

Día Internacional do chocolate

Hoxe tivemos un día moi doce. Celebramos o Día Internacional do Chocolate.

Pola mañá a nosa psicóloga, Miriam, explicoulles a orixe desta festividade. Xurdiu en Francia no ano 1995, como homenaxe o escritor británico RoakdDahl, autor da abraiante historia “Charlie e a Fábrica de Chocolate”. Tamén abordouse a historia da orixe do chocolate, que proven dunha semilla, do cacao.

Fixeron unha piruleta de chocolate. Venceron a tentación de darlle unha lametada á culler e verteron un pouco de chocolate derritido sobre o papel vexetal, colocaron un pau no medio e por enriba unha variedade de opcións: améndoas, avelás, pasas, raiadura de coco, birutas de chocolate ou azúcre, laranxa, plátano… Tamén fixeron bombóns; adiantamos, riquísimos.

Deixamos unhas fotos do día…

 

Compartir:
Ver todos los artículos