Ver todos los artículos

21/11/18



Publicado el 21 noviembre, 2018 - 17:50h

Achégase o 25N, o día Internacional da violencia contra as mulleres; sabemos perfectamente que o traballo ten que ser transversal, que as efemérides serven de pouco se o traballo non é continuo;por iso nós traballamos dende a perspectiva de xénero, facendo fincapé en tódalas nosas actividades na eliminación de roles e estereotipos que condicionan as formas de vida de tódalas mulleres, e na importancia da potenciación da igualdade entre homes e mulleres, que é o unico camiño para acabar con un dos maioress terrorismos do noso mundo: as violencias de xénero.

Preto desta data tan significativa, o Concello de Ferrol organiza unha serie de actividades encamiñadas a visibilizar estas violencias, e nós, por suposto, participamos delas!

Aquí deixamos a programación de Ferrol en Negro, e algunhas fotos do día de hoxe:

Programación de Ferrol en Negro

Venres 16: ás 12:00 horas no centro cívico de Canido estréase o documental Ferrol en lila III, por Xende Lopes e Juanpa Ameneiros, centrado nas deportistas ferrolás.

Mércores 21: ás 10:00 horas ruta de Ferrol en Feminino con saída de Curuxeiras. Ás 11:30 horas plantación de rosas e lectura da Declaración Institucional na pérgola do Cantón de Molíns. Ás 11:45 horas, no mesmo lugar, performance Titania a cargo de Iria Sobrado (no Jofre se chove).

Venres 23: desde as 10:30 horas debate con centros escolares sobre a violencia machista no Jofre, no que participará tamén o alcalde. Ás 12:00 horas acción simultánea na praza de Galicia.

Sábado 24: de 12:00 a 14:00 horas microteatro a cargo da compañía Chévere e os seus Escaparates de Xénero. Pezas teatrais interpretadas en Onix (Magdalena esquina Carmen), Premiere (Real), Goya (María) e Olmo (Galiano). Catro pezas teatrais que escenifican escenas de violencia: parella modélica de portas para fóra, violencia obstétrica, mulleres maiores con máis dependencia e presión social, e micromachismos.

Domingo 25: ás 11:00 horas carreira popular contra a violencia.


        
        
        

Comentarios: 0


Ver todos los artículos