Ver todos los artículos

21/09/2017



Publicado el 21 septiembre, 2017 - 13:56h

Muller nena

Muller a quen o Alzheimer voltou nena,

coa infancia a rebulir no corazón

¡Canta memoria no onte refuxiada,

cantas interrogantes arredor!

Os espacios de onte sonche alleos,

nos espacios alleos ve-lo sol

daquelas primaveras en que a vida

era todo un sorriso cara a ilusión.

Faise o olvido presencia polo aire,

faise o aire recodo que acabou,

vas as veces segura no camiño

pero á volta o camino é confusión.

¡Canto búsca-los nomes na memoria

para achar nese instante só un rumor!,

¡cantas as letras robadas das historias,

cantas historias vivas que non son!

Ó recordar quen es o quen son outros,

¡canta angustia hai en ti e canta dor!

¡Canta tenrura escrita nos teus ollos,

canta debilidade e incomprensión!

¡Cantas ausencias na alma dos recodos,

cantos silencios na alma da túa voz!

Muller a quen o Alzheimer voltou nena,

es un paxaro azul no corazón.

Rosa López López.

TEXTO DEL LIBRO: DEDICADO A ELLOS. Diez años junto a las personas que padecen Alzheimer.

EDITADO POR ASOCIACIÓN DE FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER A CORUÑA.

Comentarios: 0

Responder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Ver todos los artículos