Ver todos los artículos

15/ 10/ 2018



Publicado el 15 octubre, 2018 - 12:52h

Acércase o magosto en DomusVi Noia e todos sabemos que a castaña é un producto típico da nosa terra.

No noso centro temos a sorte de contar cuns castiñeiros que nos surten desde Setembro ata Novembro deste producto típico.

Tamén contamos cun “apañador de castañas profesional” que se leva dedicando a este oficio no centro varios anos. Él chámase Gumersindo Paz e gracias a súa labor e xenerosidade todos os seus compañeiros poden disfrutar das castañas en outono.

Fai anos atrás, nos tempos mozos dos nosos maiores, os recolectores de castañas eran persoas que se adicaban a apañar este froito para vendelo ou consumilo. Era un oficio común entre moitos agricultores e campesiños.

Agora, como moitas outras profesións e oficios, xa non teñen lugar na sociedade moderna e só volven a nós a través da memoria dos nosos maiores que nos enseñan coma ninguén costumes e tradicións da cultura popular galega.

¡Gracias a Gumersindo e a todos os apañadores e apañadoras de castañas!

E un consello que nos dan…¡Non vos olvidedes dos anises para as castañas cocidas!

 

Comentarios: 0

Responder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Ver todos los artículos