Ver todos los artículos

13/11/18



Publicado el 15 noviembre, 2018 - 17:50h

Para iniciar o segundo día deste aniversario adicado á educación ambiental, tivemos con nós a Xan Martínez de ECOTENDA 78; esta tenda situada na Rúa Venezuela, en Ferrol, ten como valor principal a promoción da agricultura ecolóxica como o sistema de produción máis axeitado para o noso territorio.

Comercializan as producións locais de calidade, aos produtores/as ecolóxicos e locais que traballan con criterios agroecolóxicos.

Fomentan un consumo responsable, a través do que podemos mellorar a nosa sociedade, e promoven o consumo en círculos concéntricos como medida máis eficiente e que menos degrada o medio.

Pola tarde, como non podía faltar a música, achegouse a Rondalla Bohemios, que coma sempre nos fan pasar un rato ben agradable!

Deixámosvos o enlace da EcoTenda78 eunhas fotiños para que morrades de envexa!

https://ecotenda78.com/

 

Comentarios: 0


Ver todos los artículos