Ver todos los artículos

06/07/18



Publicado el 06 julio, 2018 - 17:06h

Chegou o verán, e aproveitamos este tempo para facer xornadas de praia; esta foi a primeira de moitas outras, pois a praia ten claros beneficios para a saúde e o benestar xeral; aquí vos deixamos algúns deles:

  1. Mellora as articulacións: os paseos pola praia melloran a propiocepción nas articulacións do pé, xeonllo e cadeira, á vez que rexenera a pel da planta do pé; se mollamos as extremidades inferiores, refrixeramos o organismo, xa que desde a planta do pé bombéase o sangue cara ao corazón.
  2. Mellora o sono nocturno: A ionización negativa da brisa mariña aumenta os niveis de serotonina, co que diminúen os niveis de ansiedade. Todo iso sumado a que o exercicio físico que se realiza durante a natación, favorece o enlentecemento do ritmo cardíaco, unha mellor osixenación dos tecidos e mellora a circulación periférica, pero é que ademais o sol e a calor teñen efectos sedantes, polo que tras un baño, a fatiga acumulada polo esforzo facilita a relaxación e a indución ao sono.
  3. Relaxación muscular: Ao estar dentro da auga o noso peso diminúe, co que podemos mover xeonllos e cadeira cunha carga menor, o que beneficia a nutrición do cartílago, á vez que non se lle dana se estamos pasados de peso. Tamén teremos o beneficio provocado por mellorar o retorno venoso e realizar unha boa drenaxe linfático, todo iso debido á maior presión que hai a maior profundidade
  4. A brisa mariña mellora a nosa respiración: A brisa mariña actúa como unha especie de aerosol natural moi rico en iodo, perfecto para regular a glándula tiroides e polo grao de humidade, axuda á expulsión de moco. Ao respirar a brisa mariña o ritmo cardíaco faise máis lento e mellora a circulación periférica, aumenta a amplitude dos movementos respiratorios, mellorando a ventilación pulmonar, aumenta a hemoglobina e hematíes e fixación de osíxeno.
  5. A química natural: a auga salgada ten unha composición moi complexa, é rica en cloruros, sodio, magnesio, calcio, potasio, iodo, etc. Esta riqueza mineral achega diferentes efectos sobre o organismo, a acción antialérxica sobre a pel e o aparello respiratorio; a acción descontracturante muscular; a relaxación do sistema nervioso; a reactivación circulatoria dos tecidos; o efecto antioxidante para paliar o envellecemento da pel; a acción oxixenante a nivel celular; a fixación do calcio en procesos de osteoporoses; a mellora do ritmo cardíaco e a mellora a función muscular.

É máis, fumos uns para aló, e volvimos outros moito máis novos!!!!

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos