Ver todos los artículos

12/11/18



Publicado el 09 noviembre, 2018 - 18:23h

Este Luns día 12 de Novembro comezamos coas festividades do noso XIII Aniversario, este ano adicado á promoción do coidado do medio e á educación ambiental.

Dende DomusVi Ferrol intentamos mellorar día a día, e decatámonos que a xeración de determinados materiais que non se degradan, e que son difíciles de reciclar, e tamén de reutilizar é enorme, polo que iniciamos unha campaña de redución de plásticos e de concienciación da redución do consumo.

Témonos que facer conscientes das diferenzas que se dan entre unhas xeracións e as seguintes; cando a maioría de nós, eramos pequenos os bens materiais consumidos(o plástico xerado, a enerxía, a auga consumida,…)non tiñan nada que ver co que se gasta actualmente: en tempos pasados consumíase a granel( as fabas, as lentellas, os garavanzos colliámolos directamente dun saco, sen plásticos de por medio, levábamos a botella de viño para reencher,…), o gasto enerxético non era tanto, non existía o volume de coches que temos agora nas cidades e nos pobos, a roupa que cada persoa tiña non era de usar e tirar(tiñamos roupa para os domingos, e roupa de diario, se nos rachaba o pantalón zurcíannolo ata que non resistise máis,etc)

Isto nos leva a pensar que somos NÓS, os ,MAIORES, os que temos que ensinar ás novas xeracións a REPENSAR O CONSUMO, e a facer ver que non é necesario ese consumo abusivo de bens, de materias primas, de recursos naturais, que nos levan a perxudicar o medio, e axudar a desenvolver ese cambio de perspectiva que nos axude a DECRECER sen medos, a conseguir un DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, e con cabeza, que sexa coherente e compatible co benestar das persoas e do ambiente.

Para chegar a isto, e poder transmitir ao noso contexto próximo os coñecementos necesarios e promover as ACTITUDES e APTITUDES de redución do consumo, neste XIII Aniversario contaremos con varias expertas e expertos que sentarán as bases do noso discurso en relación co medio ambiente.

Olalla e Xan (da ECOTENDA 78) que nos contarán as diferenzas entre os comestibles de tratamento ecolóxico e os alimentos procesados; a URBASER que nos falará do tratamento de RSUs en Ferrol, e a Isabel Pérez, Laura Calvo e Sergio Paris, do CEIDA(Centro de Extensión Universitaria e DIvulgación Ambiental de Galicia)que nos falará das diferenzas entre os consumos de hai 50 anos e os actuais. Teremos tamén unha exhibición das LOLAS DA CASACARILLA, unha mostra de como se pode crear arte con materiais biodegradables.
Como bo Aniversario que é, non pode faltar a música e o baile, polo que virán a disfrutar con nós: A Coral da ÁREA SANITARIA, Bohemios, o Coro Diapasón, e o DÚO KARAMBA

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos