Ver todos los artículos

14/03/19



Publicado el 14 marzo, 2019 - 18:41h

E que razón ten o dito de que “sempre se aprende dos nosos maiores”…

Dende que Andrés comezou no centro rezuma arte polas esquinas. Non hai compañeiro que non teña unha obra adicada del na sua casa.

Porque unha das grandes afeccións de Andrés é a pintura. Conta que con sete anos xa pintaba, de forma autodidacta, paisaxes, bodegóns, mariñeiras… As súas obras (tanto pictóricas como maquetas de barcos) foron expostas no Museo Naval de Ferrol e tamén en Madrid.

Esta afección retomouna de novo no Centro de Día. Aos seus 86 anos nos segue sorprendendo coas súas obras.

É unha persoa moi independente e sociable. Inicia no centro para non estar tanto tempo só e facer actividades. Foi idea da sua filla Mari pero ahora recoñece que é o mellor.

Todas as tardes adica un tempo a pintar, xa que o próximo proxecto que ten é facer unha exposición cos cadros feitos no centro . Non hai paisaxe que se lle resista. Así é a vida do artista.

Dámoslle as grazas por agasallarnos con pura beleza todos os días.

Andrés García Ramírez (Usuario Centro de Día Domusvi Ferol)

 

Comentarios: 2

  1. DIANA says:

    QUE BONITO! EL CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ ESTÁ A SU DISPOSICIÓN PARA EXPONER SUS OBRAS SI LO DESEA!!! UN SALUDO Y ENHORABUENA!!

  2. Equipo DomusVi Ferrol says:

    ANIMO y a continuar pintando. Estrenaremos exposición en Domusvi Ferrol y después la trasladaremos al Perez Sequeiro

Responder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Ver todos los artículos