Ver todos los artículos

04/06/18



Publicado el 04 junio, 2018 - 14:54h

Por fin chegou ás nosas mans a receita da Tarta gañadora do I Concurso de Tartas de DOMUSVI Ferrol. A filla de Asunción Criado deleitounos con esta gran tarta e tivo a boa idea de pasarnos os pasos para facela nós na nosa casa. Aí vos vai!

Ingredientes:
– 300 gr de galletas María Oro
– 80 gr de manteiga
– 200 gr de chocolate branco
– 750 gr de nata
– 750 gr de leite enteira
– 3 sobres de callada
– 200 gr de chocolate con leite
– 200 gr de chocolate negro
Preparación:
1º Triturar as galletas e engadirlle a manteiga derretida
2º Nun cazo quentar 250 gr de nata, 250 gr de leite, 1 sobre de callada e o chocolate negro; cando ferva botar enriba das galletas. Reservar un cacho na neveira antes de engadir o seguinte chocolate
3º Repetimos a operación do chocolate negro pero co chocolate con leite
4ºRepetimos a mesma operación pero co chocolate branco
5º Deixar efriar na neveira e decorar

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos