Ver todos los artículos

08/06/18



Publicado el 08 junio, 2018 - 17:40h

A lectura é unha gran aventura que comeza na infancia e non remata nunca, mais o hábito de ler non se improvisa, hai que adquirilo paulativamente para que estea sempre presente nas nosas vidas. Non se nace lector ou lectora, senón que un ou unha se vai facendo pouco a pouco, gradualmente. Os auténticos lectores e lectoras non se fan á forza, é necesario actuar a través de comportamentos educativos, lúdicos e estimulantes onde o libro deixe de ser unha peza de uso restrinxida só a tarefas escolares e de avaliación.

Os libros ademáis son unha ferramenta única para a transmisión de valores de coeducación, igualdade, convivenicapa´cífica, interculturalidade, ecoloxía,…co que podemos a partir deles facer unha doble función: actuar sobre a expresión escrita e sobre as formas de facer e sentir.

Este que vos presentamos é a Introdución do noso proxecto de Animación á lectura, iniciado coa excusa de “compartir tempos e espazos” de pequenos/as e maiores , que estes disfuten de tempos conxuntos para compartir e creaar historias a partir de personaxes concretos de contos de antes e de agora.

Unha das liñas deste proxecto é a actuación directa en centros educativos de educación infantil e primaria cos obxectivos de:

  • Fomentar hábitos de relación entre o Centro Xeriátrico e os centros educactivos da zona
  • Concienciar a maiores e pequenos/as en valores de igualdade, respecto ás diferencias, educación para a paz, ecoloxía,..

Hoxe acudimos a un dos centros educativos cos que este ano comezamos a traballar, O CEIP A Gándara, e a experiencia foi moi beneficiosa. Seguiremos actuando nesta liña, e por suposto, contándovolo!

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos