Ver todos los artículos

03/07/18



Publicado el 03 julio, 2018 - 17:35h

A OMS define a saúde como un estado de perfecto (completo) benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade”

A medida que se produce o proceso de envellecemento podemos observar como as persoas maiores intentan adaptarse a eses cambios físicos, psíquicos e sociais propios do proceso, esa adaptación pode non ser sinxela polo que podemos axudar a preparse para afrontalos.

Algunhas das técnicas centranse na adopción de estilos de vida saudables, a nivel físico:  facer exercicio físico con moderación, levar una dieta saudable,etc; a nivel mental e emocional:realizar actividades intelectuais, buscar novos intereses, etc; así como, a nivel social: aceptar o novo rol familiar e social, manter os contactos, non illarse, ser útil aos demais, etc.

Nesta liña, e convinte dar continuidade ás persoas maiores na sociedade activa, valorando e optimizando a
súa contribución ao desenvolvemento da mesma. Ofertar alternativas de ocio activo, que proporcione aos
maiores benestar físico, psíquico e social no que poidan participar e sentirse responsables, protagonistas do
mesmo.

Dende DomusVi Ferrol ofrecemos un ocio con carácter creativo, participativo, que fomente o desenvolvemento e perfeccionamento de si mesmos e que facilite a integración e inclusión das persoa maiores na sociedade, para poder asumir os distintos cambios que en ela se producen e ser á súa vez unha fonte de transmisión dos seus coñecementos e experiencias á sociedade.

Este verán iniciamos a actividade de “Andainas pola Saúde” que pretende cubrir os diferentes ámbitos que compoñen a saúde: físico, psicolóxico e social.

 

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos