Ver todos los artículos

13/06/2018



Publicado el 14 junio, 2018 - 14:12h

Dende fai uns anos colaboramos coa Escola Infantil de Esteiro nun proxecto común, unha actividade interxeracional na que pequenos e maiores se benefician da compaña mutua. Despois de tempo traballando cos dous grupos vemos os beneficios para ambos: mellora o seu benestar físico, social e psicolóxico e cambian as ideas preconcebidas que os nenos e nenas teñen das persoas maiores.

Onte tivemos a fortuna de recibir ás nenas e nenos da Escola Infantil de Esteiro na nosa Residencia; estiveron investigando o territorio, contándolles e cantándolles aos maiores e disfrutaron dunha actividade de animación á lectura.

Comeza o bo tempo, polo que cada mércores recibiremos a estes nenos e nenas para seguir traballando con eles/as.

 

 

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos