Ver todos los artículos

12/15/18



Publicado el 12 mayo, 2018 - 14:04h

Comezamos esta semana cunha actividade de investigación dentro do noso proxecto AULA DA NATUREZA. Nela imos ver a evolución dos vermes de seda (Bombyx mori en termos científicos), un artrópodo de orixe asiática. Como a doutras orugas, a vida do verme de seda pasa por catro fases: ovo, larva, crisálida e bolboreta.

Estes vermes comen exclusivamente follas de árbore de moreira polo que este sábado fumos a buscar follas desta árbore para darlles de comer aos pequenos.

Foi unha mañán moi proveitosa porque dimos una paseíño polo Parque Raíña Sofía, e sacamos unha fotos con Pavos Reais.

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos