Ver todos los artículos

29/04/18



Publicado el 29 abril, 2018 - 13:57h

Este Domingo apetecíanos culturizarnos e empaparnos de bioloxía, polo que collimos as nosas lupas de investigadoras e achegámonos ao Museo de Historia Natural de Ferrol(da Sociedade Galega de Historia Natural), que nos sorprendeu gratamente; alí podemos atopar dúas grandes zonas: unha mariña e outra terrestre. Na zona mariña podemos ver o esqueleto dunha espectacular balea de 18 m e 1300Kg, colgada do teito, e diferentes exemplares de cetáceos, cefalópodos, aves mariñas, crustáceos,etc.
O Museo xestouse xuntando pequenas coleccións, froito dos moitos anos de traballo de varias xeracións de naturalistas, que se amosaban entre os socios e visitantes habituais do que era o local social da SGHN en Ferrol. A partires do ano 1991 ábrese ó publico a primeira exposición sobre a cartografía galega e dende ese momento comezáronse a expoñer, de maneira habitual, os fondos que permanecían nos almacéns da SGHN. En poucos anos a exposición contaba xa con coleccións únicas, co obxectivo futuro da creación dun Museo de Historia Natural en Ferrol, seguindo na súa consecución coa totalidade dos principios de dignidade e respecto á natureza que rexen os estatutos da SGHN, poñendo especial énfase no criterio seguido para a formación da mostra expositiva: “Que ningún animal sexa capturado ilegalmente, nin sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra, mantendo sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio”.

 

Encantounos!

http://www.sghn.org/Seccion_Museo_Historia_Natural/Presentacion_Museo_Historia_Natural.html

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos