Ver todos los artículos

09/06/18



Publicado el 09 junio, 2018 - 14:20h

Este sábado pola mañán a choiva deunos un descanso, polo que fixemos unha visita didáctica ao Aquaciencia, un parque temático dentro dun estupendo xardín, que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio. De xeito ameno e atractivo, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos…

Ensináronnos o que era unha CLEPSIDRA(nada máis e nada menos que un reloxo de auga), un acueducto, e varios muíños de diferente índole; vimos diferentes formas ecolóxicas de conseguir enerxía a través da auga.

Somos moi fans do Aquaciencia!

 

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos