Ver todos los artículos

14/02/18



Publicado el 16 febrero, 2019 - 13:58h

Aproveitando o San Valentín, e os tópicos ao redor do amor que envolven esta festividade tocounos meternos de cheo na desmitificación do amor romántico dende a perspectiva de xénero; e aló fumos ao IES do Sofía Casanova, co alumnado de 1º da ESO, onde os maiores traballaron da man dos rapaces e rapazas para entender os por qués das relacións tóxicas e os diferentes estereotipos discriminatorios a cerca dos roles, rasgos e expectativas que establecen normas contrapostas e desigualitarias para homes e mulleres. Algúns dos mitos dos que falamos son os seguintes:

“O amor pódeo todo”

  1. Falacia do cambio por amor
  1. Mito da omnipotencia do amor
  2. Crenza de que os polos opostos se atraen
  3. Mito da compatibilidade do amor e o maltrato
  4. Crenza de que o amor “verdadeiro”o perdoa e aguanta todo”

    “O amor verdadeiro predestinado”

      1. Mito da complementariedade
      2. Crenza de qeu só hai un amor verdadeiro para toda a vida

    “O amor é o máis importante e require entrega total”

      1. Falacia do emparellamento e e conversión do amor de parella no centro e a referencia da existencia
      2. Crenza de que si se ama debe renunciarse á intimidade

    O amor é posesión e exclusividade

      1. Mito do matrimonio
      2. Mito dos celos
      3. Mito sexista da fidelidade e da exclusividade

Maiores e pequenos traballaron en grupos falando das experiencias propias e comparando as diferentes épocas, e diferentes culturas, de membros que compoñían a aula; analizaron xuntos as desigualdades e os problemas que acarrean esta serie de estereotipos nas relacións de parella. Foi unha sesión chea de comentarios e debates diversos moi significativa e repleta de novas aprendizaxes.

Comentarios: 0

Responder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Ver todos los artículos