Ver todos los artículos

21/03/18



Publicado el 21 marzo, 2018 - 12:22h

Onte recibimos ás rapazas e rapaces do IES Sofía Casanova que xunto coa súa profesora, Antía, fixeron un percorrido polo pasado de Ferrol. Como punto de unión escolleron ao escritor ferrolán Carballo Calero, e ensináronnos diferentes fotografías do Ferrol do pasado, que deu pé a que Maruja Purriños, Luisa, Malela, Piedad, etc. recordaran outros tempos no que a vida era moi diferente.

Falaron das empresas que daban vida a Ferrol Vello, da fábrica de lápices Hispania, da Pysbe, e por suposto, de Bazán; recordaron as dificultades que pasaron, pero do felices que eran xogando ás chapas, ao trombo e á billarda.

Foi un pracer que o alumnado do Sofía Casanova viñera a vernos; a próxima vez, iremos nós!

Comentarios: 0

Responder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *



Ver todos los artículos