Ver todos los artículos

13/07/18



Publicado el 13 julio, 2018 - 17:30h

O aquagym ten unha infinidade de beneficios, pois inmersos na auga temos a posibilidad de exercitarnos, estimular a circulación, exercitar as articulacións, mellorar a respiración,etc. reducindo o risco de lesións. Esto é posible gracias a que na auga redúcese entre un 80 e 90% o peso do corpo debido á súa flotabilidade.

A Escola Infantil de Cativos ofreceunos a posibilidade de ir facer unhas sesións de Aquagym ás súas instalacións e cun monitor cualificado, con ampla experiencia, que nos axudou e guiou a realizar os movementos correctamente ademáis de proporcionarnos a información e consellos necesarios.

Explicáronnos tamén que o Aquagym:

Mellora o sistema cardiorrespiratorio
Mellora a resistencia muscular
Mellora da flexibilidade e os movementos corporais
Mellora e favorece a corrección da postura (coñecemento corporal, equilibrio, propiocepción, presión hidrostática).
Mellora e favorece a relaxación, debido á flotación, turbulencia e temperatura que nos dan un efecto de masaxe
Favorece o retorno venoso
Rendemento global: traballa a musculatura agonista e antagonista

Se queredes saber máis sobre estas instalacións, aquí vois deixamos o enlace:

http://cativos.com/ferrol/

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos