Ver todos los artículos

19/09/19



Publicado el 21 septiembre, 2018 - 17:37h

A RÚA É TÚA

1.Intro

O Barrio de Esteiro é dende sempre un barrio emblemático da cidade de Ferrol, impregnado por Asociacións culturais, dinamismo e arte. Dende DomusVi FERROL entendemos que a proliferación do noso barrio e a mellora do entorno xeral beneficia ás persoas que convivimos nel, polo que presentamos unha pequena proposta de actuación, pola cal, poñemos o noso grao de area para que na semana da Mobilidade, o Concello de Ferrol esté repleto de actividades que doten de vida a cidade.

A filosofía central da proposta é a de fomentar unha mobilidade sostible, que respete o medio e mellore a convivencia social, facendo en conclusión unha cidade máis saudable e co menor número de contaminantes posibles.

2. OBXECTIVOS

• Promover o uso responsable dos vehículos privados
• Fomentar o respecto polo entorno próximo
• Dotar ao barrio de dinamismo e participación social

3. Metodoloxía de intervención

O deseño da intervención baséase no enfoque socioafectivo que pretende secuenciar a aprendizaxe en niveis de emoción, racionalización e toma de decisións. Preténdese incluír na análise da realidade o coñecemento e experiencia das persoas, para logo ordenar os coñecementos e achegar informacións e desmontar falsas crenzas.

A persoa é a protagonista. Nós canalizamos a aprendizaxe mediante técnicas de participación e xestionamos ao grupo para a súa maior eficacia no tratamento de contidos na actividade especificadas. Inserimos técnicas didácticas de enfoque construtivista.

O resultado é unha aprendizaxe significativa gravada pola emoción e a intensidade da experiencia.

4. Desenvolvemento da actividade

Temporalización: Mércores 19 e xoves 20 de septembro de 2018 de 11:30 a 13:30h
Desenvolvemento: Durante a semana Europea da Mobilidade grupos de 3 ou 4 persoas do centro de DomusVi Ferrol percorreran os arredores do Barrio de Esteiro mirando os obstáculos, puntos problemáticos, baches,etc que nos podemos atopar no entorno, apuntando nun mapa do Barrio os puntos febles.
Durante o percorrido poñeranse MULTAS SIMBÓLICAS a aqueles coches que aparquen sobre as beirarrúas ou carrís-bici, aos coches que impiden o paso de cadeiras de rodas, etc. e FELICITACIÓNS ás persoas que usen a bici, que vaian camiñando, que crucen por onde está ben,etc

O carácter da actividade non pode ser en ningún momento sancionador, e debe ter un carácter cordial e de impulsar o uso de vehiculos alternativos ao vehículo privado.
A información recollida durante a actividade poñerana os residentes en plenario para posteriormente comunicarlla ao Concello de Ferrol e mellorar as zonas en mal estado.

Reflexión: O vehículo privado é o medio de transporte menos eficiente, menos ecolóxico e por ende, menos saudable; este tipo de transporte xera dous tipos de contaminación: a contaminación ambiental, orixinada
polos gases que expulsan os vehículos e a contaminación acústica, motivada polo ruido que producen.

Existen numerosas alternativas coma o bus urbano, a bicicleta ou simplemente moverse a pé pola cidade.
Esta actividade intenta promover o uso responsable do coche e potenciar as alternativas máis ecolóxicas, para ter unha cidade saudable e libre axentes contaminantes.

 

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos