Ver todos los artículos

10(08/18



Publicado el 10 agosto, 2018 - 12:14h

A Organización Mundial da Saúde recomenda a seguinte actividade física para maiores de 64 anos:

  1. Os adultos de maior idade deberían acumular un mínimo de 150 minutos semanais de actividade física aeróbica moderada,ou ben non menos de 75 minutos semanais de actividade aeróbica vigorosa, ou ben unha combinación equivalente de actividade física moderada e vigorosa.
  2. A actividade aeróbica desenvolverase en sesións de 10 minutos como mínimo.
  3. Para obter aínda maiores beneficios, os adultos deste grupo de idades deberían aumentar ata 300 minutos semanais a súa actividade física mediante exercicios aeróbicos de intensidade moderada, ou ben practicar 150 minutos semanais de actividade aeróbica vigorosa, ou ben unha combinación equivalente de actividade física moderada e vigorosa.
  4. Os adultos de maior idade con dificultades de mobilidade deberían dedicar tres ou máis días á semana a realizar actividades físicas para mellorar o seu equilibrio e evitar as caídas.
  5. Deberían realizarse actividades de fortalecemento muscular dos grandes grupos musculares dous ou máis veces á semana.
  6. Cando os adultos deste grupo non poidan realizar a actividade física recomendada debido ao seu estado de saúde, deberían manterse activos ata onde lles sexa posible e lles permita a súa saúde.

Dende Domusvi Ferrol temos diversos programas activos que promoven a realización de actividade física para todos e cada un das persoas que conformamos este centro independentemente do seu grao de mobilidade:

    • xerontoximnasia
    • ioga
    • psicomotricidade
    • posta a camiñar
    • xerontoximnasia pasiva
    • andainas pola saúde
    • paseos pola contorna,etc.

A posta en práctica destes programas fan posible que as os residentes de DomusVI Ferrol superen por moito as recomendacións que a OMS propón para as persoas maiores, porque entendemos que esta actividade mellora non só o estado físico xeral senón que mellora a súa saúde emocional e social.

Comentarios: 0

Responder


Ver todos los artículos